Fauno

Onte vin "el laberinto del fauno", deixara escapar esta película, víctima da fanfarria das "oscarizadas", e cometín un erro gravísimo porque é das que se teñen que disfrutar no cine, posiblemente se trate do mellor que se fixo nos últimos anos, teno todo, o guión, os efectos especiais, os actores, os decorados, a música... e Guillermo del Toro, un mexicano que se fixo famoso no cine fantástico con Blade II ou Hellboy, e que se empeñou en deixar a súa especial visión da Guerra Civil nunha triloxía, da que forman parte "el espinazo del diablo" e "el laberinto del fauno", da que aínda nos queda por desfrutar a derradeira entrega "3993".
   

domingo 30 decembro 2007

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Os reis

domingo 30 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

a golpe de legón

A señora Carmen ten 82 anos, antes de comezar a súa carreira na música cantaba os prezos da froita e da verdura que vendía no mercado do Porriño. Hoxe forma parte do grupo Malvela, que xurdiu de un cursiño sobre cantos populares organizado pola cantante Uxía. O 21 de decembro presentou o seu primeiro traballo soa, "na flor dos meus anos", aínda que contou coa colaboración de músicos como Rodrigo Romaní ou Xosé Manuel Budiño. O resultado é un disco, con unha producción esquisita, que simboliza a voz das nosas avóas.

domingo 30 decembro 2007

En Música | Sen comentarios | Permalink