15 temas

A idea é construir un Cd cos 15 temas mais espectaculares da historia da música, obxectivo estéticamente casi imposible, xa que poderían mesturarse pezas de clásica, hip hop ou Blues, que resultarían difíciles de compatibilizar nun único compacto, pero imos ver cales son os nosos gustos musicais. Por favor deixade como mínimo unha proposta.
Aí vai a miña: Led Zeppelin "stairway to heaven"

venres 28 decembro 2007

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Brompton

Aproveitando o nacemento de "soitu", un novo medio de información na rede, rescato do xornal unha nova que presumiblemente modificará os nosos hábitos motrices: a patente das Brompton caducou hai uns meses e xa empezan a chegar ó mercado imitacións con prezos asequibles. Estas xoias do deseño que ata hoxe resultaban prohibitivas polo seu coste (entre 875 e 2.300 euros), poderán mercarse seguramente por menos da metade de eses cartos grazas ós chinos. As orixinais quedarán restrinxidas ós sibaritas do pedal que xa poden facer por encargo os "tuneos" que se lles antoxe para personalizar a súa bici. Eso si, unha Brompton é unha Brompton. 

venres 28 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink