Toño

Hai anos tiven a ocasión de coñecer a xente afectada pola PC, mal chamada paralíse cerebral xa que non son paralíticos e moito menos cerebrais, Toño constitúe unha figura polémica xa que é capaz de rirse da súa "discapacidade"  creando uns monólogos alucinantes que van dende a ironía ó humor negro, sen deixar de sensibilizar á xente respecto dos problemas de inserción sociolaboral que padece este colectivo. O primeiro diálogo que lle escoitei produciume unha sensación parecida á que experimentei con películas como "full monthy" ou "os luns ó sol" onde situacións hilarantes se mesturaban coa realidade mais desgarradora, facendome pasar da risa ás bagoas no mesmo intre. O segundo diálogo xa me colleu mais desensibilizado e conseguín aparcar a sensiblería para desfrutar de un comediante como a copa de un pino. Velaí o tedes.

mércores 26 decembro 2007

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Forcados

Os forcados teñen a súa orixe no século XIX como consecuencia da prohibición de dar morte ó touro na area, na "pega" de caras, o primeiro elemento, o forcado da cara, ten como obxectivos subirse na cara do touro, e despois de terse agarrado aos cornos ou ao pescozo amortiguar o choque da investida. Non  se espera que ese forcado tumbe ó touro, apenas se lle esixe que aguente os derrotes cos que o touro o tenta lanzar fora, ata que os restantes sete forcados o axuden, tamén utilizando unha determinada técnica, e secunden o seu esforzo imobilizando ó touro. Nese intre a "pega" é consumada e o touro é liberado.
Cando un forcado camiña na area en dirección ó touro, sen outra protección que a confianza na súa destreza, terá que vencer, nunha loita consigo mesmo, ó medo que está sempre presente. Como contraposición, e por riba de todo, está o apoio dos seus compañeiros, a dependencia de un home dos outros fai que se teñan entre si unha amizade única que os acompaña para toda a vida.
Non se me ocorre unha metáfora da amizade mais poderosa.

mércores 26 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink