Almas del nueve largo

Dende setembro tiña este libro na recámara, foi un agasallo de un amigo mal correspondido pola miña parte, porque con "Capitán de las sardinas", libro que eu lle ofrecía no troque, él salía claramente prexudicado, de calquera xeito non tivo tempo de comprobar a asimetría da transación xa que a súa dona, lectora compulsiva que se encarga de tamizar a bazofia literaria, devolveumo antes de que o cerebro do seu home correra perigo de contaminación. A hixiene de algunhas mulleres resulta sobrecolledora.
"Almas del nueve largo" é un derroche de ironía e inxenio que descubres en fragmentos de texto como estes:
"María Teresa Fernández de la Vega tiene una vacilante feminidad de mujer en cuya deshidratación van apareciendo, como marroquinería, los rasgos de Clint Eastwood."
“Muchacho, a veces pienso que lo malo de acariciar a una mujer es que corres el riesgo de que te mejore el carácter y se te joda la letra.”

Unha suxestión para Nadal.

luns 24 decembro 2007

En Literatura | Sen comentarios | Permalink