Susurros
Increíble o que pode facer o tratamento dixital do son, quedan dous post de exemplo, os dous igual de desgarradores polo que interfiren no noso particular modo de entender a realidade, con uns aparatos sensoperceptivos tan arcaicos como os nosos ollos ou os nosos oídos, a día de hoxe non nos enteramos da misa a medias. Os tempos están cambiando.
O primeiro, sacado de Fogonazos, trátase de un novo sistema de compresión do son que permite, literalmente, disparar unha mensaxe auditiva a unha persoa escollida entre un grupo sen que os demais se enteren do "telesusurro", as aplicacións, como non, están orientadas á publicidade.
O segundo, sacado de Escolar, trátase de coñecer as palabras que lle susura Bill Murray a Scarlet Johansson no final de "lost in translation". Non vos perdades algúns dos finales alternativos dos comentarios, son moi simpáticos.
"Tengo que irme, pero no voy a dejar que eso se interponga entre nosotros, ¿vale?"
xoves 20 decembro 2007
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS