aninovo

luns 31 decembro 2007

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Fauno

Onte vin "el laberinto del fauno", deixara escapar esta película, víctima da fanfarria das "oscarizadas", e cometín un erro gravísimo porque é das que se teñen que disfrutar no cine, posiblemente se trate do mellor que se fixo nos últimos anos, teno todo, o guión, os efectos especiais, os actores, os decorados, a música... e Guillermo del Toro, un mexicano que se fixo famoso no cine fantástico con Blade II ou Hellboy, e que se empeñou en deixar a súa especial visión da Guerra Civil nunha triloxía, da que forman parte "el espinazo del diablo" e "el laberinto del fauno", da que aínda nos queda por desfrutar a derradeira entrega "3993".
   

domingo 30 decembro 2007

En Cine | 2 Comentarios | Permalink

Os reis

domingo 30 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

a golpe de legón

A señora Carmen ten 82 anos, antes de comezar a súa carreira na música cantaba os prezos da froita e da verdura que vendía no mercado do Porriño. Hoxe forma parte do grupo Malvela, que xurdiu de un cursiño sobre cantos populares organizado pola cantante Uxía. O 21 de decembro presentou o seu primeiro traballo soa, "na flor dos meus anos", aínda que contou coa colaboración de músicos como Rodrigo Romaní ou Xosé Manuel Budiño. O resultado é un disco, con unha producción esquisita, que simboliza a voz das nosas avóas.

domingo 30 decembro 2007

En Música | Sen comentarios | Permalink

O lector

Trátase de unha aplicación en rede que permete pasar textos a audio en formato MP3 (español, inglés e italiano). Posiblemente quede pouco para que os invidentes dispoñan de protocolos de accesibilidade a internet con calidade acptable. 

sabado 29 decembro 2007

En Informática | Sen comentarios | Permalink

a man alzada

Procesador de textos a man alzada. Funciona.

sabado 29 decembro 2007

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

15 temas

A idea é construir un Cd cos 15 temas mais espectaculares da historia da música, obxectivo estéticamente casi imposible, xa que poderían mesturarse pezas de clásica, hip hop ou Blues, que resultarían difíciles de compatibilizar nun único compacto, pero imos ver cales son os nosos gustos musicais. Por favor deixade como mínimo unha proposta.
Aí vai a miña: Led Zeppelin "stairway to heaven"

venres 28 decembro 2007

En Música | 4 Comentarios | Permalink

Brompton

Aproveitando o nacemento de "soitu", un novo medio de información na rede, rescato do xornal unha nova que presumiblemente modificará os nosos hábitos motrices: a patente das Brompton caducou hai uns meses e xa empezan a chegar ó mercado imitacións con prezos asequibles. Estas xoias do deseño que ata hoxe resultaban prohibitivas polo seu coste (entre 875 e 2.300 euros), poderán mercarse seguramente por menos da metade de eses cartos grazas ós chinos. As orixinais quedarán restrinxidas ós sibaritas do pedal que xa poden facer por encargo os "tuneos" que se lles antoxe para personalizar a súa bici. Eso si, unha Brompton é unha Brompton. 

venres 28 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Man

"A Manfred Gnädinger le hallaron cuando ya habían transcurrido varios días de su solitaria muerte. No se le practicó la autopsia. ¿Para qué, si todos sabían que el hombre padecía de la circulación y en las últimas semanas sufría una aguda depresión? De habérsele hecho la autopsia tal vez los patólogos hubieran hallado en sus pulmones demasiadas evidencias del chapapote que durante más de un mes se vio obligado a respirar, cercado en su caseta por el letal petróleo del Prestige; los que, mascarilla por medio, respiraron durante algunas horas al día el insoportable olor del chapapote saben bien a lo que me refiero.
La muerte por intoxicación paulatina y evitable es algo demasiado prosaico; más poético resulta divulgar la idea de que Manfred falleció de tristeza, con lo que la responsabilidad de su muerte recae sobre sí mismo y, además, éste es el tipo de sufrimiento que se espera en un artista genuino."  Manuel Sánchez Dalama 12/03/2006 La Voz de Galicia 

;

2ºpremio/Festivit 2007 Cortos de animación

xoves 27 decembro 2007

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Toño

Hai anos tiven a ocasión de coñecer a xente afectada pola PC, mal chamada paralíse cerebral xa que non son paralíticos e moito menos cerebrais, Toño constitúe unha figura polémica xa que é capaz de rirse da súa "discapacidade"  creando uns monólogos alucinantes que van dende a ironía ó humor negro, sen deixar de sensibilizar á xente respecto dos problemas de inserción sociolaboral que padece este colectivo. O primeiro diálogo que lle escoitei produciume unha sensación parecida á que experimentei con películas como "full monthy" ou "os luns ó sol" onde situacións hilarantes se mesturaban coa realidade mais desgarradora, facendome pasar da risa ás bagoas no mesmo intre. O segundo diálogo xa me colleu mais desensibilizado e conseguín aparcar a sensiblería para desfrutar de un comediante como a copa de un pino. Velaí o tedes.

mércores 26 decembro 2007

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Forcados

Os forcados teñen a súa orixe no século XIX como consecuencia da prohibición de dar morte ó touro na area, na "pega" de caras, o primeiro elemento, o forcado da cara, ten como obxectivos subirse na cara do touro, e despois de terse agarrado aos cornos ou ao pescozo amortiguar o choque da investida. Non  se espera que ese forcado tumbe ó touro, apenas se lle esixe que aguente os derrotes cos que o touro o tenta lanzar fora, ata que os restantes sete forcados o axuden, tamén utilizando unha determinada técnica, e secunden o seu esforzo imobilizando ó touro. Nese intre a "pega" é consumada e o touro é liberado.
Cando un forcado camiña na area en dirección ó touro, sen outra protección que a confianza na súa destreza, terá que vencer, nunha loita consigo mesmo, ó medo que está sempre presente. Como contraposición, e por riba de todo, está o apoio dos seus compañeiros, a dependencia de un home dos outros fai que se teñan entre si unha amizade única que os acompaña para toda a vida.
Non se me ocorre unha metáfora da amizade mais poderosa.

mércores 26 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Zoom

Picando na imaxe comeza un zoom nun bucle infinito. Pódese elixir a velocidade no selector que se abre á dereita da pantalla. Logrado. 

martes 25 decembro 2007

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Almas del nueve largo

Dende setembro tiña este libro na recámara, foi un agasallo de un amigo mal correspondido pola miña parte, porque con "Capitán de las sardinas", libro que eu lle ofrecía no troque, él salía claramente prexudicado, de calquera xeito non tivo tempo de comprobar a asimetría da transación xa que a súa dona, lectora compulsiva que se encarga de tamizar a bazofia literaria, devolveumo antes de que o cerebro do seu home correra perigo de contaminación. A hixiene de algunhas mulleres resulta sobrecolledora.
"Almas del nueve largo" é un derroche de ironía e inxenio que descubres en fragmentos de texto como estes:
"María Teresa Fernández de la Vega tiene una vacilante feminidad de mujer en cuya deshidratación van apareciendo, como marroquinería, los rasgos de Clint Eastwood."
“Muchacho, a veces pienso que lo malo de acariciar a una mujer es que corres el riesgo de que te mejore el carácter y se te joda la letra.”

Unha suxestión para Nadal.

luns 24 decembro 2007

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Chat noir

Outro xogo de estratexia, trátase se atrapar ó gato activando os puntos evitando que fuxa polos laterais. Picade na imaxe.

sabado 22 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Conto de Nadal

El cuento de Navidad de Auggie Wren 
Paul Auster

Le oí este cuento a Auggie Wren. Dado que Auggie no queda demasiado bien en él, por lo menos no todo lo bien que a él le habría gustado, me pidió que no utilizara su verdadero nombre. Aparte de eso, toda la historia de la cartera perdida, la anciana ciega y la comida de Navidad es exactamente como él me la contó.
[ Máis ]

sabado 22 decembro 2007

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink

Bo solsticio de inverno

Boas festas a todos. Convidovos a cantar con Aretha Frankling.
 

"I say a little prayer for you" 

venres 21 decembro 2007

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Susurros

Increíble o que pode facer o tratamento dixital do son, quedan dous post de exemplo, os dous igual de desgarradores polo que interfiren no noso particular modo de entender a realidade, con uns aparatos sensoperceptivos tan arcaicos como os nosos ollos ou os nosos oídos, a día de hoxe non nos enteramos da misa a medias. Os tempos están cambiando.
O primeiro, sacado de Fogonazos, trátase de un novo sistema de compresión do son que permite, literalmente, disparar unha mensaxe auditiva a unha persoa escollida entre un grupo sen que os demais se enteren do "telesusurro", as aplicacións, como non, están orientadas á publicidade.

O segundo, sacado de Escolar, trátase de coñecer as palabras que lle susura Bill Murray a Scarlet Johansson no final de "lost in translation". Non vos perdades algúns dos finales alternativos dos comentarios, son moi simpáticos.


"Tengo que irme, pero no voy a dejar que eso se interponga entre nosotros, ¿vale?"

xoves 20 decembro 2007

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Ilusións ópticas V

Espléndida páxina na que se recollen ilusións ópticas traballadas con unha estética esquisita. 

O artista húngaro nado en 1951, Istvan Orosz estudiou Deseño Gráfico en Budapest e durante moitos anos traballou no mundo do teatro como deseñador de escenarios e actor ocasional. Posteriormente dedicouse ó deseño de carteis, onde utiliza entre outros elementos ilusións ópticas e anamorfosis. Actualmente é profesor convidado da Universidade de Artes e Deseño de Budapest e membro da Academía da Arte de Hungría

Picade sobre a fiestra máxica.

mércores 19 decembro 2007

En Arte | 1 comentario | Permalink

Operadictos

Novo navegador Opera 9.25
Entre as novidades mais importantes temos:
- Protección ante fraudes electrónicos
- Bloqueador de contidos web
- Maior personalización a sitios web
- Navegación eficiente 
- Zoom a pantalla completa
- Corrección a varias vulnerabilidades
- Problemas con certificados TLS correxidos
- Correxidos erros con complementos
Descargar Opera 9.25

mércores 19 decembro 2007

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Matemáticas

Xa  fai algún tempo que teño intención de ir agregando "pecios" relacionados coa práctica educativa, de feito, estou plantexándome crear un blog ou unha web monográfica de educación, pero como sabedes isto de manter un espacio web, por cutre que sexa, ocupa un tempo considerable que hai que ir sustraendo ó que adicas a outras cousiñas, e sistemáticamente rematas sendo colonizado pola virtualidade, asi que polo momento o proxecto vai ter que esperar. Mentras irei deixando algún post como este.
A idea é aproveitar didácticamente unha ferramenta como Youtube para dispor de un profe de matemáticas na casa, consiste nunha base de datos de videotitoriais (+ 500) para resolver problemas que van dende o currículo de ESO a Bacharelato. A ocurrencia é de Juan Medina Molina profesor da Universidade Politécnica de Cartagena. www.lasmatemáticas.es

martes 18 decembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Xornalismo na aula

Artigo de Eva domínguez (Cuarto bit) no que fai unha reflexión sobre a necesidade de incluir novas metodoloxías nas aulas para traballar o que son consideradas as competencias básicas. 

"¿Es el proceso periodístico una buena metodología para la educación? Preguntarse los cómos y los porqués de un hecho, analizarlos, documentarse, investigar, conocer las distintas versiones y estructurar una narración sencilla, inteligible y atractiva es no sólo un buen ejercicio informativo sino también epistemológico..." (Seguir lendo)

martes 18 decembro 2007

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Buscando Vodka

Pasatempos para valorar a velocidade de discriminación visual do estilo "buscando a Wally". Trátase de atopar 82 botellas de vodka na imaxe. Tamén mide paciencia. 
Picando sobre ela podedes descargala como fondo de escritorio.

luns 17 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Niágara

Imaxe en alta resolución da Seimeira do Niágara recollida polo Observatorio da terra da NASA.

domingo 16 decembro 2007

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Rec you

Alucinante aplicación que permite pasar unha imaxe fotográfica a 3D, ademais de poder atribuirlle movementos ou son.

Recyou, é unha atractiva presentación baseada neste inxenio, que consiste nunha base de datos fotográfica, á que te podes agregar si eres moi friki para deixar a tua imaxe na rede cantando opera con un montón de xaponeses. 

Picade na imaxe.

domingo 16 decembro 2007

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

18 talentos




 

















18 fotógrafos con talento, merece a pena visitar as páxinas de cada un deles. Visto en quierosercreativo

venres 14 decembro 2007

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Un pinchacito de nada

venres 14 decembro 2007

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Pola Lectura

Corto e pego un correo que me envía meu amigo Antonio, el sabe da miña querencia por J.L. Sampedro, un dos meus particulares mitos da literatura contemporánea, neste artigo volve a mostrar o seu compromiso coa cultura, e a claridade de pensamento de unha mente prodixiosa que xa ronda os 91 anos.

 
José Luís San Pedro, escritor.
POR LA LECTURA
Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante. Era suya porque la había  creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus 'clientes' éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres a quienes sólo cobraba cincuenta céntimos al mes por prestar a cada cual un libro a la semana. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.
Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos. Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas.Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos.
Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.
Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario, al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo.
Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:
 a) obtiene algo a cambio.
 b) es objeto de una sanción.
 Y yo me pregunto: ¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo? ¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura? Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?.¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?. ¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?.¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos?. Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura?, ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos?.
No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.
Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de
autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa
     medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña. 
     ¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!
      José Luis Sampedro
    Si estas de acuerdo, pásalo. Por el placer de la lectura.

venres 14 decembro 2007

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Amnistía Internacional

A tua sinatura ten mais poder do que poidas imaxinar

xoves 13 decembro 2007

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Superman

Un xogo simpático, simple e adictivo. Trátase de intentar fotografiar a Superman ó vo. Clic na imaxe.

mércores 12 decembro 2007

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Didáctica do Blog

Unha presentación curta pero moi didáctica do que signifiga un Blog, está é a filosofía da web 2.0

mércores 12 decembro 2007

En Arte | Sen comentarios | Permalink