42
Unha curiosa iniciativa da marca de Vodka 42 Below: 42 directores + 42 soños + 42 segundos = 42 curtametraxes. A páxina oficial 42x42.
venres 03 xullo 2009
En Cine | Sen comentarios | Permalink
Plain White
Plain White T´s é unha de esas bandas de pop/rock yankee que pasarían desapercibidas de non ser pola pegada que conseguen en un par de temas, eu quedeime con eles escoitando "Hey There Delilah" do album All What We Needed, un umplugged de voz, acústica e cello, que sonou mil veces ao longo de estes meses no meu recuncho de traballo, ten un punto melancólico que fai olvidar que tas de vacacións.
xoves 02 xullo 2009
En Música | Sen comentarios | Permalink
Animals awake
Durísima campaña holandesa para sensibilizarnos respecto ao sufrimento dos peixes, aos que de xeito habitual sonlles extraídas as visceras mentres permanecen vivos, parece que existen investigacións que demostran que poden sentir a dór e mesmo angustia mentras non morren. Descoñezo a fiabilidade de esta información pero visitando a páxina remóvenseche as tripas.
martes 30 xuño 2009
Unite Opera
Quen siga o blog saberá que son "Operadicto", de cantos navegadores teño testeado ningún se asemella nin de lonxe ao Opera, recoñezo que me costou deixar Firefox, débollo ao meu colega Antonio, fidelizado dende hai anos, que xa está no tramo de ser rabudo esixíndolle maiores prestacións fundamentalmente relacionadas coa xestión do correo, aí si que eu sigo pillado ao thunderbird. Pero ao que ía, a última sorpresa é Unite Opera unha suite que permite converter o noso ordenador nun servidor coa potencia que nos brinde o noso proveedor de internet, con un sinxelo procedemento e a golpe de click poderemos compartir documentos, música, fotos, chat... cos/coas amigos/as, ou acceder remotamente ao ordenador do traballo sen saír do navegador. Un paso mais para facer desaparecer a diferenza entre cliente e servidor que seguramente comportará un exhaustivo traballo dos programadores para insistir na mellora da privacidade e seguridade que leva implícito o compartir en rede, pero para min é mais que suficiente esta versión beta, estou absolutamente alucinado.
Descargar Unite Opera
luns 29 xuño 2009
En Informática | Sen comentarios | Permalink
Kyle Bean
Kyle Bean é un crack como creativo, visitando o seu portafolio atopánse auténticas sorpresas do que pode dar de si a imaxinación dun artista. Visita obrigada.
Ver portafolio
luns 29 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Post-it love
domingo 28 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
COK
Monsieur CoK é unha curta fantástica que fai unha sátira sobre a economía capitalista, caricaturizando o incremeto irracional e a progresiva automatización da producción, aplaudida polos poderes fácticos pese a supor unha perda de postos de traballo e unha incuestionable degradación do ser humano. Non adianto o final.
sabado 27 xuño 2009
En Cine | Sen comentarios | Permalink
APOI
Este ano participamos nunha interesante iniciativa para rastrear o patrimonio inmaterial de Galiza, o obxectivo era sensibilizar aos mais novos respecto da nosa riqueza antropolóxica, unha experiencia moi gratificante para o recoñecemento e a valoración da nosa cultura, que quedou reflectida en "nosos", un documento visual algo pobre pola precariedade dos medios cos que contamos e pola nosa inexperiencia. Nun proxecto mais ambicioso, o Museo do Pobo Galego comezou coa creación dun "arquivo do patrimonio oral da identidade", unha base de datos sonora que recolle os acontecementos mais significativos da nosa historia de xeito que podamos conservar aspectos do imaxinario colectivo e os valores do noso entorno. Os seus creadores invitan a facer as aportacións que consideremos relevantes para enriquecer este particular museo. Entre as que xa existen atopei a de Florencio, o cego da Fontaneira, un músico autodidacta que hai anos improvisaba concertos na casa do meu sogro na Fonsagrada. Lembranzas.
venres 26 xuño 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
José González
José González é un músico sueco de pais arxentinos que ten un estilo semellante a algúns dos guitarristas de acústica que fun posteando, Iron and Wine, Jack Johnson, Brett Dennen... Este ano levo escoitado reiteradamente un par de temas de él , e aínda non lle fixera sitio no blog, aí queda.
xoves 25 xuño 2009
En Música | 1 comentario | Permalink
Spotify
Dende a desaparición de Pandora andamos tod@s tol@s na procura de substituta, pasei por last fm, musicovery, e últimamente conecto con Rockola fm, na que estou a "educar" un par de emisoras. Hoxe atopei Spotify unha alternativa que parece interesante pese a requerir unha mini instalación e invitación previa para a versión libre. A ver.
Descargar
martes 23 xuño 2009
En Música | 1 comentario | Permalink
Kotik
Yoav Kotik é un artista nado en Jerusalen adicado ao deseño de "xoias" con materiais reciclados, a colección de bisutería con chapas é alucinante. Pertence ao colectivo Zikgroup, outra páxina de visita recomendada.
Ver galería
martes 23 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Little Wheel

Play This Game
Hai tempo que non posteo xogos, aí queda "Little Wheel", que me chamou a atención pola calidade do seu deseño, ata a música resulta excelente. Non é difícil chegar ao final.
domingo 21 xuño 2009
En Xogos | Sen comentarios | Permalink
La carretera
Non tiña lido nada de Cormac Mccarthy, sabía que era unha das deidades da literatura contemporánea e que foi o autor de "No es país para viejos", que levaron ao cine os irmáns Coen (dos que me declaro "grupi"), pois ben, a semana pasada pasáronme a súa última obra "La carretera" , un Pulitzer mistura entre a novela e o ensaio, que dous días despois de tela rematado aínda me ten sobrecollido. Unha viaxe a través da desolación e cara a ningunha parte, onde a supervivencia aparece como unha pulsión innata que nos fai permanecer absurdamente vivos. Un relato que por momentos resulta raiante, e gris, como a cinza que o recubre. Decididamente necesito unha lectura que me reconforte porque esta deixoume baldado.
domingo 21 xuño 2009
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Liberkey
Unha alternativa aos macro programas que ocupan un espazo brutal nos discos duros, ademais da cantidade de merda coa que contaminan o sistema operativo, está no software portable, programas executables que non precisan de instalación, e que podes transportar nun pendrive para facelos rular en calquera máquina. LiberKey é uha recopilación gratuita de software portable que ocupa 200Mb e que inclúe unha morea de aplicacións informáticas do mais variado, optimizadores, navegador firefox, reproductores de música, ferramentas de seguridade... Se non sabíais que facer con esa vella memoria USB de 512 Mb que gardais no caixon dos obxectos esquecidos aí tedes unha boa proposta.
Descargar LiberKey
sabado 20 xuño 2009
En Informática | Sen comentarios | Permalink
Be Brave
Algúns anuncios publicitarios están tan ben paridos que merecen ser considerados "microobras" de arte, en curtametraxes de menos de minuto e medio hai quen é capaz de aglutinar guión, música, e técnica cinematográfica para epatar ao personal sen concesións. O vídeo "Be brave" foi realizado para a empresa farmacéutica Pfizer na súa filial canadiense. Como di Rama (que mo enviou) aqui "estiveron sembraos".
xoves 18 xuño 2009
En Cine | Sen comentarios | Permalink
La maravillosa vida breve de Oscar Wao
Un xenial descubremento Junot Díaz, reputado autor de relatos breves, que se estrena na novela cunha obra impecable, un libro de esos que resarcen ao autor dunha débeda coa súa propia historia, tiña lído "la fiesta del chivo" de Vargas Llosa outro maxistral libro que rescata da memoria a monstruosidade que supuxeron os anos de "Trujillato" na República Dominicana, non sabería escoller. Junot recupera o terror da dictadura ubicando as vidas da saga dos Cabral nun relato interxeneracional utilizando unha prosa costumbrista que posúe unha beleza incuestionable. Será para a literatura o que foi a "Cantata de Santa María de Iquique" de Quilapayun para a música. De lectura absolutamente obrigatoria.
xoves 18 xuño 2009
En Literatura | 3 Comentarios | Permalink
Revolver
Róubolle ao mais musical un post para a miña base de datos de acústica, Revolver é un grupo parisino que fai algo semellante á música country, un acompañamento vocal, tal vez un pouco "acristianado", o son umplugged das acústicas, e unha posta en escena simple e intimista que resulta do mais atractiva, é suficiente para fichalos, aí quedan.
martes 16 xuño 2009
En Música | 2 Comentarios | Permalink
Deadline
O artista é Bang-Yao Liu e realizou mediante stop motion e mais de 6000 post-it esta mini animación utilizando como guión a situación de estrés xenerada pola entrega dun proxecto, o seu propio proxecto (Deadline), non pode ser mais inxenioso.
luns 15 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Merci
No ano 2003 Christine Rabette realizou "Merci", unha curtametraxe que contrapón a sordidez da cotidianeidade, representada por unha viaxe subterránea cara a infelicidade, fronte á potencia dos estados de ánimo agochados no noso interior. Unha metáfora do mimetismo que se produce na expresión de emocións e unha reivindicación do humor como terapia fronte a adversidade. A risa xurde por capilaridade.
domingo 14 xuño 2009
En Cine | 1 comentario | Permalink
Banksy
Banksy é un grafiteiro anónimo que leva camiño de converterse no Carlos Castaneda da arte. Os seus traballos desbordan creatividade e sentido do humor, entre outras "fechorías" colou unha das súas obras na Tate Gallery de Londres, pero a última é grandiosa, sin que os empregados do Bristol Museum o souperan montou a súa particular exposición con nocturnidade e alebosía insertando mais de 100 obras iconoclastas nas salas do museo. O tema é a súa visión do futuro. O "piolín" (Tweety) senil é para morrer da risa. Formidable.
sabado 13 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Bodys
Gunther von Hagens é un científico alemán que nos anos 70 desenvolveu unha peculiar técnica que permete a plastificación de cadáveres, dende entón o catálogo de mortos convertidos en esculturas plásticas medrou ostensiblemete ata conformar unha exposición itinerante que se move entre a controversia e a fascinación, un edén para os/as exhibicionistas.
Bodyworlds
venres 12 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Bad Night
Maxistral Alex de la Iglesia, un simulacro de trailer de película de terror convertido nunha campaña contra a drogadicción. Bad Night.
mércores 10 xuño 2009
Perpetuum Jazzile
Cappella
martes 09 xuño 2009
En Música | 1 comentario | Permalink
Saimir Strati
O artista albanés Saimir Strati converteuse no home dos records polos seus impresionantes mosaicos que ademais posúen unhas dimensións extraordinarias. Tal vez o Leonardo sexa a obra mais traballosa, foi realizada a golpe de martelo con millares de cravos de diferentes tonalidades ata dar textura á faciana de Da Vinci. Currado.
Ver galería
domingo 07 xuño 2009
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Buscas
Teño escoitado mil veces que Google utiliza uns motores de búsqueda dunha potencia inimaxinable, os algoritmos para o cálculo do Page Rank convertirono no "buscador" mais utilizado do mundo deixando obsoletos aos Yahoo, Altavista, etc., que xunto ao underground "Astalavista", foron protagonistas dos meus inicios como internauta. A estas alturas a sensación de supremacía googeliana é tan abasalladora que comeza a resultarme ata antipático, queixome, por exemplo, da escasa especificidade nas buscas e da ausencia de fiabilidade respecto dos resultados propostos, estas cousas que parecen pasar desapercibidas para o xigante, tivéronas en conta os deseñadores de Wolfram Alfa, unha base de datos do coñecemento que, aínda que non se pode entender como un "buscador" no sentido estricto, parece unha boa alternativa ao monopolio Google. Wolfram Alfa responde a calquera pregunta que lle fagas a través de contidos enciclopédicos revisados por un equipo de expertos en cada materia (como unha Wikipedia fiable), polo momento está dispoñible únicamente en inglés pero ten boa pinta. Outra opción esta no Bing de microsoft un buscador que ten no punto de mira a Google para erixirse na súa alternativa, estes días ando manexando a versión Beta en español que parece non ter nada que ver coas funcionalidades das que dispoñen os usuarios de fala inglesa, asi que teremos que esperar para disfrutalo en plenitude, en fin, que a competencia é sanísima.
sabado 06 xuño 2009
En Informática | 1 comentario | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS